O grupo solicitou que se executen as labores de mantemento necesarias para o arranxo do firme das vías Rúa Castro de Silvar e a coñecida como Autovía Traba.
Ambas estradas contan cun estado de mantemento absolutamente deficiente polo avanzado deterioro do firme e a presenza de numerosas fochancas, polo que comprometen seriamente a seguridade viaria.
A situación supón un risco diario para a veciñanza da zona, pero tamén para o tráfico habitual das vías, xa que a seguridade viaria se ve seriamente comprometida, imposibilitando, en determinados tramos, a circulación e a accesibilidade en condicións mínimas para todo tipo de vehículos.
O executivo municipal contestou que analizará o problema para dar unha resposta á demanda de Alternativa na vindeira sesión plenaria.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.