Friday 31 de July de 2026

Alternativa esixe solucións para a sequía no Xalo


O grupo presentou unha moción de urxencia no pleno de onte para abordar e impulsar unha solución definitiva ao problema grave de abastecemento de auga que están a vivir a veciñanza do Xalo.

 

O equipo de goberno e os concelleiros transfugas votaron en contra da urxencia, polo que a proposta non puido ser exposta nin debatida no pleno.

A veciñanza está a pasar 17 horas ao día sen auga, polo que o subministro de abastecemento mediante camións cisterna é urxente como resposta provisional, pero é imprescindible cubrir as necesidades reais que precisa ata dezaseis subministracións de cisternas na xornada e o máximo que se chegaron a realizar foron cinco.

Por este motivo Alternativa propoñía non só reforzar urxentemente o abastecemento provisional con cisternas, senón poñer os recursos económicos e técnicos necesarios que permitan avanzar cara a unha solución definiva.

A moción tamén insistía en activar unha folla de ruta coordinada para a planificación das posibles medidas a tomar, establecendo reunións cos diferentes axentes implicados na problemática: a veciñanza, co Concello de Cerceda, Augas de Galicia, Seprona, Consellería de Sanidade e Xunta de Galicia, para abordarlo dende as diferentes perspectivas.

Alternativa insistirá en que o traballo debe ir coordinadamente, valorando a parte máis técnica, pero garantindo a seguridade sanitaria e o que tamén no subministro da auga necesaria para evitar os cortes.

Deja un comentario