Thursday 30 de July de 2026

Alternativa denuncia no pleno o grave abandono do viario do CLT de Ledoño


Alternativa achegou as queixas veciñais e das persoas usuarias do “Centro Loxístico de Transportes” (CLT) polo estado de deterioro actual do parque industrial.

A reclamación principal foi o gran deterioro tanto dos accesos como das vías interiores, evindenciando a falta de traballos de mantemento e conservación.

O goberno local concretou que están pendentes da posible colaboración co Ministerio de Transportes para abordar o proxecto da terminal de tren de Mercancias, o cal establecería as bases para realizar un informe técnico respecto ao procedemento máis adecuado para as intervencións necesarias no CLT.

Alternativa defende que debe garantirse a seguridade viaria das persoas que traballan e empregan a diario estas infraestruturas públicas. Independentemente dos posibles avances da terminarl de tren xa que non hai nin datas nin proxecto previsto.

Deja un comentario