O Concello segue a promover o lecer e o turismo, neste caso, a través da animación musical das terrazas dos establecementos hostaleiros.
O sábado 1 de agosto en horario de 20:00 a 22:00 terán lugar as actuacións de Alda Varez & Richi Ponce (versións pop, rock e soul) na zona do Hotel Santa Cristina; Carlos Miyares (saxofonista, latin jazz) na zona das terrazas da Avenida Santa Cristina, e de Black and Green (rumba e temas propios) na Praza Ana Kiro en Mera.
Este programa apoia a imaxe de Oleiros como un destino atractivo, distinto e de calidade para gozar do verán ademais de atraer clientela ás terrazas e favorecer a actividade da hostalería.


Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.