Thursday 30 de July de 2026

A alcaldesa solicita a colaboración de toda a veciñanza ante a diminución das reservas de agua


A través dun bando publicado hoxe, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, solicita a colaboración da veciñanza de Compostela ante a situación actual de “diminución de reservas de auga”.
Pazo de Raxoi
Deste xeito, co obxectivo de “garantir o abastecemento de auga potable para o consumo humano e os usos esenciais”, o Concello considera necesario adoptar as seguintes medidas extraordinarias de aforro de auga no municipio de Santiago de Compostela:

1. Prohíbese encher total ou parcialmente piscinas privadas.

2. Prohíbese o lavado de vehículos empregando auga da rede municipal, salvo negocios con licenza para realizar esta actividade.

3. Prohíbese o rego de xardíns, zonas verdes, hortas de lecer e espazos ornamentais utilizando auga procedente da rede municipal excepto regas de imprescindibles para evitar a morte da vexetación arbustiva ou arbórea.

4. Prohíbese manter abertas as fontes ornamentais abastecidas con auga potable que non teñan un sistema de recirculación.

5. Recoméndase a toda a cidadanía realizar un uso responsable da auga, evitando consumos innecesarios e adoptando medidas de aforro no ámbito doméstico e comercial.

Estas restricións permanecerán en vigor ata que a situación de abastecemento permita a súa retirada.

O texto do bando remata lembrando que “a colaboración de toda a veciñanza é fundamental para preservar un recurso esencial como é a auga e garantir a súa subministración a toda a poboación”.

Deja un comentario