Thursday 30 de July de 2026

O Concello de Ribeira habilita puntos violeta durante as festas do verán da cidade


 Esta medida aplicarase nos cinco días de celebración

O Centro de Información á Muller de Ribeira pon en marcha os puntos violeta durante as festas do verán da cidade. Estará no mércores, 29 de xullo, na entrada da rotonda en homenaxe ás Amas de Casa, de 23.00 a 03.00 horas; no xoves, 30 de xullo, no Malecón, a carón de Cruz Vermella, de 23.00 a 03.00 horas; no venres, 31 de xullo, novamente na contorna da rotonda das Amas de Casa, de 23.00 a 05.30 horas; no sábado, 1 de agosto, na praza de Pontevedra, de 24.00 a 06.00 horas; e no domingo, 2 de agosto, novamente preto de Cruz Vermella, de 22.30 a 03.00 horas.

Segundo explica a concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, a Administración local dá continuidade a esta medida, como xa fixo en anteriores celebracións, para “ofrecer información, atención e acompañamento fronte ás violencias machistas creando estes espazos seguros.” A edil lembra que o Concello traballa constantemente en contribuír a unha sociedade máis igualitaria con outras accións como, por exemplo, o curso que se impartiu recentemente a establecementos hostaleiros en colaboración coa Dirección Xeral de Violencia de Xénero arredor da Formación sobre o protocolo de actuación ante a violencia sexual e LGTBIfóbica en locais de lecer nocturno.

Deja un comentario