Tamén fixo visitas guiadas a alumnado de distintos programas municipais
A exposición Retrospectiva, de Eduardo Hermo, rematou a súa estadía no Centro Cultural Lustres Rivas e, por tal motivo, o artista quixo doar ao Concello de Ribeira unha das súas obras, a cal entregou á concelleira de Cultura, Ana Barreiro.
A peza chámase Mariña imaxinaria, mixta sobre táboa, 55×46 cm, de 2015. Está realizada sobre táboa con pedramol, acuarela e acrílico.
O creador tamén fixo visitas guiadas ao alumnado de programas municipais como, por exemplo, do taller de memoria, do IV Ciclo da USC e do curso de lingua e cultura galegas.
A dita mostra estivo integrada por unha trintena de obras, principalmente óleos e acrílicos, que repasa as tres décadas de traxectoria de Hermo no mundo da arte, e recibiu ao longo do mes de xullo unhas 200 visitas, entre elas, a de Mónica Ayaso, filla do recoñecido creador Manuel Ayaso.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.