A inauguración terá lugar no 30 de xullo, ás 21.00 horas
O Centro Cultural Lustres Rivas segue achegando arte coa exposición titulada Mulleres, de Jontxu Argibay, que se enmarca na programación da Fiestra da Cultura e nas festas do verán de Ribeira. A inauguración desta mostra na que pintura e escultura van da man terá lugar no xoves, 30 de xullo, ás 21.00 horas.
Esta mostra está integrada por 18 pinturas nas que este artista local emprega diferentes técnicas como a acuarela (11 pezas) e o óleo (7 pezas) para render homenaxe á figura feminina dende a admiración, o respecto e a beleza. Aida Tarrío, Cristina Castaño, Susana Sampedro, Rosalía Vila ou Candela Peña son algunhas das mulleres que se poden contemplar dende a creatividade do autor. En canto ás esculturas, hai 19 tallas confeccionadas con distintos materias como aglomerado (13), talla directa (4), mixta (1) e cerámica (1) que reflicten perfís femininos, a maternidade e, incluso, homenaxe ás Heroínas de Sálvora.
A obra de Jontxy Argibay xa forma parte da identidade cultural do municipio a través das diferentes pezas escultóricas integradas na paisaxe urbana tales como como o Polbeiro de Castiñeiras, sinal de identidade da súa parroquia natal; a Segadora de Olveira, onde pon en valor o duro traballo da muller do campo; ou a figura eterna do mestre Manuel Ayaso, sentado na praza do Concello como era habitual atopalo, pintando e escribindo, é reflexo da influencia que tivo Ayaso nas creacións de Argibay.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.