Monday 27 de July de 2026

O Concello inviste 1,7 millóns de euros na mellora do Campo Municipal do Redondo


O Concello iniciará despois do verán unha importante obra de mellora no Campo Municipal do Redondo, cun investimento de 1,7 millóns de euros destinados á construción dunha nova bancada cuberta e de novos vestiarios para modernizar esta instalación deportiva.

A actuación permite dotar o campo dunhas infraestruturas máis modernas, cómodas e funcionais, mellorando as condicións de uso para os xogadores e xogadoras do Atlético Perillo e o Unión Campestre, que empregan habitualmente estas instalacións.

Con esta obra, o Concello continúa impulsando a mellora da rede de instalacións deportivas municipais, favorecendo a práctica do deporte de base e ofrecendo espazos de maior calidade para a veciñanza.

Deja un comentario