O Concello está a executar unha obra para renovar o pavimento e substituír a cuberta do Pavillón Arsenio Iglesias, cun investimento de 296.650 euros.
Para mellorar as instalacións e as condicións de uso para clubs, escolares e persoas usuarias, os traballos inclúen a substitución completa do chan por un novo pavimento máis axeitado para a práctica deportiva, atendendo ás necesidades trasladadas polos clubs que utilizan habitualmente estas instalacións. Ademais, renovarase integramente a cuberta co obxectivo de evitar filtracións de auga.
Con este investimento o Concello continúa apostando pola mellora e modernización das instalacións deportivas municipais, ofrecendo espazos máis seguros, funcionais e adaptados ás necesidades das entidades deportivas do municipio.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.