Monday 27 de July de 2026

Máis dun cento de nenos e nenas converteron a súa creatividade en esculturas de area na praia da Ladeira


 O Concello de Ribeira promoveu unha nova parada desta terceira edición da xuntanza no litoral

Máis dun cento de nenos e nenas participaron na terceira edición da xuntanza de esculturas de area na súa parada na praia da Ladeira, en Corrubedo, durante a mañá do día de onte. Ata alí desprazáronse a alcaldesa, María Sampedro, xunto aos edís Fernando Abraldes, Víctor Reiriz, Álex Vidal e Ramón Doval para comprobar o desenvolvemento desta segunda cita no que vai de ano despois do seu paso pola praia do Porto, coincidindo coas festas de Aguiño.

Así, Hipopótamos, tartarugas, lagostas, baleas ou dragóns deixáronse ver a carón da costa froito da creatividade da rapazada e as súas familias empregando area e auga para a súa confección coa axuda de pas ou rastros.

Trátase dunha actividade promovida polo Concello de Ribeira e coordinada por Suso Paz, coa colaboración de diversas empresas locais, que busca crear un espazo de encontro interxeracional e alternativas de lecer a carón do mar como unha forma de poñer en valor os recursos naturais e paisaxísticos vinculados ás zonas marítimas.

O equipo de Ágape exerceu novamente de xurado das esculturas, repartindo premios elaborados por SonAgasallo.

Deja un comentario