O programa de lecer Miúdo verán. Cultura en familia, organizado polo Concello de Neda co apoio de Agadic, arrinca este mércores, apartir das 20:30 h, co espectáculo “Radio Bulebule” de Paco Nogueiras. A proposta, especialmente pensada para a rapazada mestura humor e música.
O espectáculo, que se porá en escena no campo da feira de Albarón, está baseado no libro CD homónimo, inspirado no mundo da radio. Así, inclúe unha ducia de cancións organizadas como unha grella de programación con temas que abranguen dende noticias e deportes ata música e previsión meteorolóxica.
O traballo, marcado polos ritmos modernos e pegadizos que convidan ao baile, foi galardoado na categoría de música infantil nos VIII Premios Martín Códax da Música celebrados no ano 2021.
A nova edición do programa municipal “Miúdo verán” conta co apoio da Xunta no marco do proxecto Cultura no Camiño, que busca axudar a dinamizar localidades como Neda polas que pasas as rutas xacobeas.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.