Monday 27 de July de 2026

O Consello Municipal de Relacións Veciñais aborda as actuacións en marcha e a xestión municipal


A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presidiu este xoves a reunión Consello Municipal de Relacións Veciñais, na que tamén participou a concelleira de Relacións Veciñais, Pilar Lueiro. Na reunión, informouse ás entidades veciñais sobre diferentes cuestións de interese para o concello.

Entre os asuntos tratados figuraron os orzamentos municipais para 2026, con especial referencia ás partidas destinadas á prestación de servizos públicos, ás políticas sociais, aos investimentos e ao apoio ao movemento veciñal.

Tamén se abordou a declaración de Santiago como zona de mercado residencial tensionado e as medidas previstas no plan específico asociado a esta declaración; e a situación do proxecto do aparcadoiro do CHUS; e deuse conta da recente adxudicación do novo contrato do transporte urbano. Pilar Lueiro tamén informou dos avances na elaboración do I Plan Municipal de Saúde, que depende das súas áreas, e do traballo que se está a desenvolver nos distintos grupos focais que o integran.

Deste xeito, o goberno reuniu de novo o Consello Municipal de Relacións Veciñais, un espazo de diálogo e participación co tecido asociativo para compartir información e facer seguimento dos principais asuntos que afectan á veciñanza.

Deja un comentario