O grupo realizará durante as próximas semanas diferentes visitas en Ledoño e Sueiro.
A iniciativa permite reforzar o contacto directo coa veciñanza co obxectivo é coñecer de primeira man as súas necesidades e trasladalas ao goberno municipal.
Dende Alternativa valoranse moi positivamente as iniciativa posto que se están a lograr compromisos por parte do goberno local con moitas das propostas e demandas que se están a trasladar.
Aternativa fai un exhaustivo traballo de seguimento e reiterarse nas diferentes propostas porque “A veciñanza precisa que os compromisos sexan acompañados de feitos e cando os feitos non chegan, hai que insistir e indagar cal é o problema que impide que se realicen.” Matizan dende o grupo.
A veciñanza interesada pode achegar ás súas propostas ou demandas a través de diferentes canles, grupo pon a disposición o teléfono 981 415 610, o correo electrónico culleredo@alternativadosvecinos.org e nas súas redes sociais.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.