Sunday 26 de July de 2026

José Manuel Vilas e Ciprián Rivas serán os percebeiros de honra de Aguiño 2026


 A entradas para a vixésimo sétima edición da festa xa están á venda no local da confraría

Aguiño xa quece motores para a festa do seu produto estrela: o percebe. A vixésimo sétima edición desta cita gastronómica celebrarase no 2 de agosto, a partir do mediodía, na explanada portuaria da lonxa desta parroquia ribeirense. Os percebeiros de honra desta convocatoria serán José Manuel Vilas, presidente do Xuventú Aguiño, e Ciprián Rivas, quen ostentou diversos cargos públicos, presidente do Ateneo Valle-Inclán de Ribeira e un dos valedores do libro con motivo do centenario da Confraría de Pescadores de Carreira-Aguiño como desvelaron a alcaldesa, María Sampedro; o patrón maior do pósito, José Antonio Santamaría; e o presidente da agrupación de mariscadores, Manuel Ángel Reiriz.

Declarada Festa de Interese Turístico Galego, no transcurso da mesma repartiranse unha tonelada deste crustáceo extraído na zona norte entre Falcoeiro e Basoñas, cun prezo estipulado nos 20 euros por ración, e amenizada polo grupo local Leite con Jalletas.

A rexedora destacou o perfil dos percebeiros de honra desta convocatoria: a Vilas polo seu traballo á fronte do Xuventú Aguiño e o seu “talante positivo e comprometido” durante a súa etapa na Corporación municipal ribeirense; e a Rivas polo seu compromiso coa posta en valor deste pósito e do conxunto do municipio. A mandataria local ratificou o compromiso do Concello de Ribeira a esta celebración que reúne mar, cultura e turismo.

Deja un comentario