Tuesday 21 de July de 2026

O empresario e impulsor da Fundación Araguaney Ghaleb Jaber Ibrahim será o pregoeiro das Festas do Apóstolo 2026


As Festas do Apóstolo comezarán o 22 de xullo co concerto da Real Filharmonía de Galicia que terá lugar ás 20.00 horas na Praza da Quintana baixo a batuta de Baldur Brönnimann e a voz da soprano Lada Bockova. Ás 21.30 horas, o pregoeiro pronunciará a súa alocución desde o balcón do Pazo de Raxoi.

O empresario e impulsor da Fundación Araguaney Ghaleb Jaber Ibrahim será o pregoeiro das Festas do Apóstolo 2026
Ghaleb Jaber Ibgrahim (Einyabus, na actual Palestina) chegou en febreiro de 1970 a Compostela para estudar Medicina. Na capital galega converteuse en doutor, empresario da hostelería e elemento fulcral do audiovisual galego coa creación da productora CTV. O seu labor cultural é outra das facetas cruciais da súa traxectoria coa Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, a través da cal contribuiu a proxectar o Santiago diverso e lugar de intercambio cultural que é a capital galega.

Ghaleb Jaber, médico e refuxiado, súmase aos nomes de Leilía, Lucía Freitas e Blanca Millán cos que o Concello volve celebrar a diversidade da que tanto se enorgullece en Santiago e as diferentes formas de ser e sentirse santiagués e santiaguesa. Esta diversidade que quedou acreditada en anos anteriores, incorpora a traxectoria de Ghaleb Jabeb empresario en diversos eidos e referente no coñecemento da realidade do mundo árabe en xeral, e da causa Palestina en particular. En definitiva, unha voz que leva Santiago de Compostela dentro e fóra e unha persoa con profundo arraigo na capital galega e en toda Galicia.

O protagonista do pregón destaca a importancia do nacemento da Fundación Araguaney en 1984, “unha idea necesaria” e que 42 anos despois continúa desenvolvendo un importante traballo cultural, traballando para a sociedade e para a xente. “É un punto de ligazón con toda a sociedade compostelá”, afirmou.

Deja un comentario