Tuesday 21 de July de 2026

O Concello de Ribeira abre hoxe o prazo de preinscrición da Escola Municipal de Ballet


 O trámite poderase formalizar ata o 28 de xullo

O Concello de Ribeira abre dende hoxe e ata o 28 de xullo o prazo de preinscrición na Escola Municipal de Ballet para o curso 2026/2027. A solicitude deberase descargar da web municipal www.ribeira.gal e enviala debidamente cuberta ao enderezo electrónico danza@ribeira.gal. Tamén se poderá entregar presencialmente no Conservatorio Profesional de Música ‘Enrique Paisal’, de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas.

A formación clásica está orientada tanto para rapazada a partir de 7 anos como para persoas adultas.
“Despois do verán toca volver ás aulas e non só no plano académico, tamén coas distintas actividades fóra de horario lectivo para os pequenos e, en tempo de lecer, para os adultos. Agora é o momento de ir organizando o vindeiro curso”, en palabras da concelleira de Educación, Nucha Brión.

A matrícula formalizarase na segunda quincena de setembro deste ano. Máis información no teléfono de contacto 981 377 295.

Deja un comentario