A delegación alemá Kunstsammlungen & Museen Ausgburg visitou hoxe o Museo do Gravado de Artes, onde estivo acompañada do primeiro tenente de alcalde de Ribeira, Vicente Mariño; da concelleira de Cultura, Ana Barreiro; e do vicepresidente da Fundación da institución museística, Francisco Javier Expósito. O doutor Christof Trepesch, director das coleccións de Arte de Ausburgo; xunto a Sara Kein, curadora; e Marie Gaté-Stallforth, tradutora; tiveron un encontro de traballo coa representación ribeirense.
Tamén se presentou o resultado do obradoiro de gravado realizado por sete mulleres usuarias de Ambar entre os días 7 e 17 de xullo. Fixeron cadansúa peza individual seguindo técnica do linogravado e conformarán unha obra conxunto a exhibir no Mugart no vindeiro ano.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.