O Concello de Oleiros completa a renovación integral do Rincón de Cecilia, no parque José Martí, nunha actuación incluída no plan de mellora deste espazo público que supón un investimento global de máis de 350.000 euros.
A intervención permitiu transformar esta emblemática zona de xogos, dedicada á lembranza da pediatra Cecilia, que exerceu durante moitos anos en Oleiros. O novo espazo incorpora modernas estruturas de xogo integradas en grandes elementos de formigón, con pezas de gran formato adaptadas ao xogo e lecer dos máis cativos.
Esta actuación forma parte das melloras executadas no parque José Martí, que inclúen tamén a renovación que se vai levar a cabo proximamente dos viarios interiores para incrementar a seguridade e a accesibilidade das persoas usuarias.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.