Alternativa dos Veciños de Culleredo reprende os dous anos de retraso na xestión do goberno local co Plan Único de Concellos (POS) da Deputación de A Coruña.
Máis de 3,5 millóns de euros entre as obras do 2024 e 2025 sen executar, principalmente inclúe a renovación de diferentes viais e servizos básicos.
Na anualidade do 2024 so se executou unha das seis obras anunciadas e outra atopase actualmente en proceso de licitación. Pero situación nos proxectos do pasado ano dos que só un se atopa actualmente en proceso de licitación. No caso do ano vixente ningun avance nas actuacións previstas.
Melloras de rehabilitación no pavimento de vías como a Avenida da Corveira, a rúa Pablo Neruda, Vigovidín, Santa Bárbara, Río Chao ou Avenida Fonteculler son algunhas das obras que non se están a executar. Pero tamén outras como o acondicionamento da pista polideportiva da praza Europa ou o saneamento en Boedo.
Alternativa lamenta os retrasos na xestión e execución dos proxectos contidos no POS. Inacción que priva á veciñanza de servizos cuantificados en máis de 3,5 millóns de euros.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.