Thursday 16 de July de 2026

As obras na estrada da Estación deixa novos problemas de seguridade


Alternativa dos Veciños solicitou á Deputación a urxente corrección das deficiencias detectadas tras as obras de renovación de asfaltado na estrada da Estación (DP 1702), ao considerar que afectan á seguridade viaria.

 

A beirarrúa, na marxe da Estación de ferrocarril, quedou aínda máis baixa que a calzada, así como foi eliminado o paso de peóns elevado que contribuía á reducción de velocidade dos vehículos.

 

“A actuación no pavimento da vía era necesaria, pero agora hai que resolver as consecuencias porque inciden directamente na seguridade viaria.” sinalou Raúl Varela.

O grupo tamén trasladou a recalamación á Xunta de Goberno, insisitindo que se trata dun treito con alto transito peonil por conectar co IES David Buján, coa OMIX, pero tamén por tratarse dun dos accesos ao paseo do Mero máis empregados pola veciñanza.

Alternativa reforza con esta iniciativa a petición presentada o pasado mes de marzo para mellorar o estado das beirarrúas na carreteira da Estación e a súa accesibilidade.

Deja un comentario