Thursday 16 de July de 2026

Música na rúa en Santa Cruz este sábado


O sábado 18 de xullo en horario de 20:30 a 22:30 terá lugar a actuación de Sophie Simonds na Praza do Exilio en Santa Cruz. Versións pop e temas propios farán as ledicias do público asistente.

O programa Música na rúa regresa un ano máis ás localidades máis turísticas de Oleiros. O Concello segue a promover o lecer e o turismo, neste caso, a través da animación musical das terrazas dos establecementos hostaleiros situados en Santa Cristina, Santa Cruz e Mera.

Este programa apoia a imaxe de Oleiros como un destino atractivo, distinto e de calidade para gozar do verán ademais de atraer clientela ás terrazas e favorecer a actividade da hostalería.

Deja un comentario