Thursday 16 de July de 2026

Dous Campionatos Galegos por Clubs consolidan ao SAL entre a elite do salvamento galego


Dende o Club Salvamento Acuático Laracha – SAL  comparte os excelentes resultados acadados nos Campionatos Galegos de Praia.

O club pechou a competición cun balance extraordinario, proclamándose:

Campión Galego por Clubs en Infantil.
Campión Galego por Clubs en Cadete.
3º Club de Galicia en Júnior.
4º Club de Galicia en Absoluto.

Uns resultados que reflicten o gran traballo realizado durante toda a tempada e consolidan ao SAL como un dos clubs de referencia do salvamento e socorrismo galego.

A próxima fin de semana o SAL competirá no Campionato de España Estival Xuvenil, Júnior e Absoluto, en Noja (Cantabria), e a seguinte será a quenda das categorías Infantil e Cadete no Campionato de España de Praia, en Laredo (Cantabria).

Deja un comentario