Wednesday 15 de July de 2026

Graves irregularidades na prestación do servizo de recollida de lixo


Varios camións da recollida do lixo que presta o Consorcio das Mariñas na comarca levan semanas avariados perdendo lixo polas rúas, deixando un olor insoportable por onde pasan e esparcindo residuos e líquidos pestilentes mentres circulan. Ademais, a limpeza dos contornos de contedores tampouco se efectúa na frecuencia establecida por contrato nin se están a repoñer a maioría dos contedores rotos.

O Consorcio das Mariñas está a tolerar a vulneración sistemática das obrigas contractuais da empresa de recollida de lixo, que supoñen importantes beneficios económicos para a empresa concesionaria.

Por parte do Concello de Oleiros esixiráselle ao Consorcio das Mariñas que de inmediato se reparen os camións avariados e emita un informe sobre o actual funcionamento do servizo e os incumprimentos existentes para sancionar á empresa. Ante estes feitos, o presidente do Consorcio non se pode seguir mirando cara outro lado.

Deja un comentario