Friday 22 de November de 2024

Reunión do alcalde cos patróns maiores de Aguiño e Riveira polo conflito do Carreiro


O alcalde de Riveira Manuel Ruiz recibiu no Consistorio aos representantes das confrarías de pescadores de Aguiño e Riveira (entre eles, os seus patróns maiores José Antonio Santamaría e José Antonio Pérez) para ver de mediar no conflito desatado en relación coa explotación do Carreiro.

De resultas da xuntanza (na que estaba tamén o xurista Manuel Lampón) ambas partes se reafirmaron na defensa dos límites que cada unha delas considera está no seu dereito: no caso de Riveira apelando á orde da Consellería do Mar e na de Aguiño baseándose nas súas concesións dende a orixe das mesmas.

Ante tal discrepancia, o alcalde comprometeuse a falar co delegado de Pesca para ver de reunirse co técnico autonómico que revisou a liña para que se realice unha nova revisión e que o mesmo faga o técnico que efectuou un traballo similar por encargo da confraría de Aguiño.

Destes novos traballos espérase unha proposta que será sometida as dúas asembleas das confrarías en conflito.