Tuesday 14 de July de 2026

O partido de semifinais do Mundial poderase ver en Ribeira cunha pantalla na praza de Pontevedra


 O Concello continúa con esta medida para contemplar este evento futbolístico

O Concello de Ribeira volverá colocarunha pantalla de grandes dimensións para seguir a España no Mundial que mañá, martes, 14 de xullo, ás 21.00 horas, se enfrontará a Francia nas semifinais. A nova localización será a praza de Pontevedra para levar esta medida a diferentes espazos do municipio despois de que na semana pasada se colocase na praza do Concello para o España-Bélxica nos cuartos.

A Administración local continúa así con esta medida para xerar un punto de encontro para a cidadanía arredor do deporte e, en conxunto, seguir á selección nacional nas últimas fases do Mundial e que se repetirá de pasar á gran final.

Deja un comentario