Sunday 12 de July de 2026

Hoxe, domingo 12 de xullo, tivo lugar a doceava edición da Carreira pola Diversidade, a Carreira Solidaria da Asociación Ambar que nesta anualidade contou cunha gran novidade introducindo unha a Proba Lúdica de2,5 km chea de sorpresas


A Carreira pola Diversidade, tivo lugar hoxe domingo 12 de xullo con saída da Explanada de Coroso, en Ribeira. Foron 415 as persoas inscritas en total. Un total de 172 persoas participaron na carreira absoluta que contemplaba categorías inclusivas como a de cadeira de atletismo, handbike e zapatilla inclusiva. A proba lúdica acolleu a 243 persoas, tratábase dunha experiencia transformadora, unha andaina deseñada para aqueles que desexaban gozar do percorrido camiñando, en familia ou coas súas mascotas, sen a presión do cronómetro e con numerosas sorpresas e actividades durante o traxecto, como o baño de espuma, os rodillos secantes, chorros de auga, sopradores de aire, e finalmente un gran recibimento con photocall interactivo no que as persoas podía levar o recordo impreso.

Na entrega de premios, estiveron presentes o Concelleiro de Deportes do concello de Ribeira, Álex Vidal e Vicente Reiríz, concelleiro de Auga e saneamento; Alicia Romero e Milagros Rey, secretaria e presidenta respectivamente, acompañadas dos membros da directiva de Ambar Juan Carlos Rial e José Manuel de la Iglesia, así como representantes de empresas colaboradoras Isabel Cañas de CongalsaManuel López de Motor Boiro, Lucía Outeiral de Autos Outeiral e o avogado Pablo Ferreirós.

Gracias as persoas colaboraras e participantes, recadáronse arredor de 9.500 € que a entidade destinará integramente ao proxecto ‘Ecosistema de vivendas inclusivas e servizo de apoio á comunidade’. Queremos que cada dorsal axude a mellorar a autonomía e a calidade de vida das persoas con diversidade funcional.

Ó remate da proba lúdica procedeuse á entrega de medallas e agasallos á todas as persoas participantes menores de 16 anos, que foron sorprendidos cunha chamativa cometa doada pola empresa Dismac. Grazas ao vento que se levantou na última hora da xornada, as cometas puideron encher de cor e alegría o ceo de Coroso.

Tras a entrega de trofeos, Milagros Rey, quixo trasladar o seu agradecemento “a todas as persoas que cada ano volven confiar nesta iniciativa e tamén a aquelas que se incorporan por primeira vez. A Carreira pola Diversidade é moito máis ca un evento deportivo: é unha demostración do compromiso da sociedade coa inclusión. Cada inscrición, cada colaboración e cada mostra de apoio axúdannos a seguir construíndo oportunidades e mellorando a calidade de vida das persoas con diversidade funcional”. Tamén agradeceu ás persoas colaboradoras, voluntarias e entidades patrocinadoras que, ano tras ano, fan posible que a Carreira pola Diversidade sexa unha data marcada no calendario converténdose nun punto de encontro para centos de persoas que comparten os valores da inclusión, da convivencia. No turno de intervencións, o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, felicitou á entidade pola organización da proba e animouna a continuar impulsando iniciativas que, ademais de fomentar a práctica deportiva, contribúen a sensibilizar á cidadanía.

A xornada rematou cun pincho solidario no Bar El Paseo, que foi amenizado polo grupo musical The Cuncas.
Resultados: https://cronotec.es/online/speaker.html
Zapatilla inclusiva masculina
1. Javier García del Río
2. Moisés Calvo Viturro
3. Ramón Héctor Vidal Silva
Zapatilla inclusiva femenina
1. Paula Ramallo Ozores
Cadeira Masculina
1. José Manuel De La Iglesia Martínez
Sub 18 Masculino
1. Jesús Patiño Ríos
2. Alex Carrasco García
3. Diego Souto Paz
Senior Maculino
1. Alberto Garcío Gaciño
2. Jeyden Martís Sampedro
3. Jorge Sieira Hermida
Senior Femenina
1. Marta Muñiz Rama
2. Elisabeth Sieira PEgo
3. Sara González Silva
Master 1 – Masculino
1. Alberto Riveiro Lampón
2. Xabi Agraso Alonso
3. Míchel Fernández García
Master 1 – Feminino
1. Sara Crugeiras Sampedro
2. Silvia Castro Gómez
3. Isaura Laíño Silva
Master 2 – Masculino
1. Sindo González Castro
2. Juan Francisco Fernández Lijó
3. Israel Benítez Somoza
Master 2 – Femenino
1. Sabela Pensado Parada
2. Olalla Saborido Gil
3. Mª Teresa Cimadevilla Crugeiras
Master 3 – Masculino
1. Luis Parada García
2. Ramón Folgar Pouso
3. Manuel Lorenzo Queiruga
Master 3 – Femenino
1. Montserrat Fernández de Sanmamed Sampedro
2. María Piñeiro Rodríguez
Colaboradores
Queremos destacar tamén a labor e a colaboración do Concello de Ribeira, Ramiro Carregal, Congalsa, Serdeco, Combustibles Puebla,Conresa, Boiresa e hijos,Tarrío y Suarez,Quirón prevención, Dismac, Gadisa, Motor Boiro, Climafrío, Electrodomésticos Sampedro, Pablo Ferreirós Vidal Avogado, Darlim, Autos Outeiral, Fariña Bretal, Ferretería Melchor e Ferretería Brión,CAsh Galicia,Bar O Paseo e Dálle Pedal.

Deja un comentario