Friday 10 de July de 2026

Broche de ouro ao XII Campus Juan Gómez Barreiro cun éxito absoluto de participación


O campo municipal do Conchido viviu hoxe unha xornada de clausura festiva e emocionante co final do XII Campus de Fútbol Juan Gómez Barreiro, organizado polo Outes C.F.

A edición de este ano pecha as súas portas consolidándose como un referente da formación deportiva estival na comarca, alcanzando unha destacada cifra de 61 nenas e nenos inscritos.

Durante estas dúas semanas, os participantes desfrutaron de adestramentos técnicos, xogos de convivencia e aprendizaxe de valores ligados ao deporte.

O éxito do campus non tería sido posible sen o traballo do equipo de 10 monitores , encargados de guiar as sesións formativas, garantir a seguridade dos pequenos e transmitir a metodoloxía do club.

 

Na cerimonia de clausura deste venres deuse por rematada a actividade coa entrega de diplomas individuais e un recoñecemento público ao esforzo de todos os futbolistas, contou coa presenza do alcalde Francisco  Calo Abelleira e o concellal de deportes José Antonio Caamaño Lestón.

 

O alcalde destacou o éxito da participación no campus, e que as rapazas  e rapaces desfrutaron dunha convivencia e desfrute do deporte, e agradeceu os organizadores o desenvolvemento do campus.

Deja un comentario