Alternativa volveu a reclamar a convocatoria do Consello Escolar Municipal de Cambre (CEMC) de cara ao inicio do próximo curso escolar.
O CEMC constitúe un espazo clave para abordar as cuestións que afectan a familias e centros escolares xa que reúne a representantes das ANPAS, profesorado, equipos directivos, asociacións veciñais e grupos políticos.
O grupo lembra que o pasado curso escolar o CEMC non se activou, a pesar dos diferentes retos afrotandos polos limitados recursos humanos no CEIP Gonzalo Torrente Ballester para o alumnado con necesidades educativas especiais, o peche do pavillón do Graxal ou problemáticas relacionadas co transporte.
Alternativa defende a recuperación do CEMC de cara ao inicio do vindeiro curso.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.