A gran novidade desta edición é o enfoque cara a unha “experiencia transformadora”. Ambar introduce a Proba Lúdica (2,5 km), deseñada para aqueles que desexen gozar do percorrido camiñando, en familia ou coas súas mascotas, sen a presión do cronómetro pero con numerosas sorpresas e actividades durante o traxecto.
As modalidades de participación son:
– Modalidade Absoluta Mixta (5 km): Sub-18, Senior e categorías Máster (1, 2 e 3).
– Modalidade Inclusiva (5 km): Zapatilla Inclusiva (diversidade intelectual, sensorial ou motriz), Handbike e Cadeira de atletismo.
– Modalidade Lúdica (2,5 km): Aberta a todas as idades e con opción de acudir con mascotas, contén actividades divertidas para desfrute de grandes e pequenos.
A programación da xornada é a seguinte:
– 9:00-9:45 recollida de dorsais carreira.
– 9:00-10:45 recollida dorsais proba lúdica.
– 10:00h comezo da carreira absoluta.
– 11:00h comezo da proba lúdica.
– 12:00h entrega de trofeos.
– 12:30h Pincho solidario no Bar Paseo co concerto de The Cuncas.
Este ano, toda a recadación destinarase ao proxecto “Ecosistema de vivendas inclusivas e servizo de apoio á comunidade”. Esta iniciativa busca rehabilitar as antigas casas dos mestres en Praia Xardín (Boiro) para crear aloxamentos permanentes, temporais e de transición. Cun
investimento próximo ao millón de euros, o obxectivo é que as persoas con diversidade poidan desenvolver a súa autonomía e escoller como queren vivir.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.