Alternativa dos Veciños trasladou ao pleno municipal a preocupación veciñal polo abandono do Pazo de Culleredo, así como as casas grandes dos Caruncho e os Ferrer, situadas na contorna do aeroporto.
Non houbo avances nin novidades, a pesar do acordo plenario polo que a corporación requeriu a AENA a cesión do conxunto patrimonial para a xestión do Concello de Culleredo.
Alternativa xa apoiara a proposta no seu día na que os edificios serían a oportunidade para novos
recursos para a veciñanza coa finalidade de empregarse para fins sociais.
O goberno local confirmou que foron iniciadas as xestións pertinentes ante a AENA dando traslado do correspondente acordo plenario.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.