Desenvolverase das 22.00 horas en diante, unha vez remate o partido de fútbol
O folclore vivirase ao aire libre en Ribeira coa actuación e foliada libre Escolas Abertas que promove a Xunta de Galicia e o Concello. Trátase dunha acción que reunirá a máis de 50 persoas no venres, 10 de xullo, na praza de Porta do Sol; todas elas unidas pola música e baile tradicionais e procedentes de diversos países como Arxentina, Uruguai ou Cuba, entre outros.
A actividade comezará das 22.00 horas, en diante, unha vez remate o partido dos cuartos de final do Mundial.
Con relación a esta acción, a concelleira de Cultura, Ana Barreiro, manifesta que “seguimos dinamizando a vida cultural do noso municipio e as nosas rúas aproveitando o bo tempo do verán.
Novamente, o folclore volverá a ser o protagonista coa participación de persoas de distintos países. E, máis alá de asistir como espectadores, tamén teremos ocasión de sumarnos coa foliada.”



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.