O departamento de Turismo convocará a primeira reunión do Foro de Turismo Sustentable nas vindeiras semanas, en canto as entidades dos diferentes ámbitos rematen os seus procesos internos para a designación formal de representantes para formar parte deste órgano.
O Consello de Relacións Veciñais, presidido pola alcaldesa Goretti Sanmartín, mantivo na tarde de onte unha xuntanza extraordinaria para elixir, como único punto na orde do día, as seis persoas que formarán parte do Foro de Turismo Sustentable.
Cabe lembrar que o regulamento deste órgano establece, no seu artigo 7, a relación de integrantes que forman parte do Pleno, establecendo que en representación das asociacións veciñais deben incluírse seis persoas elixidas polo Consello de Relacións Veciñais de entre todas as inscritas no Rexistro municipal de asociacións e que, mínimo dúas delas, deben ser representantes do ámbito do Plan especial.
Así, Mercedes Váquez Bartomeu da Asociación A Xuntanza, e Roberto Almuíña Díaz da Asociación Fonseca, corresponden ao ámbito do Plan especial, mentres que Jesús Gato Neiro da Asociación da Rocha Vella Serafín Zas, María Domínguez Baños da Asociación de Angrois, Francisco Javier Goyanes da Asociación Nosa Señora de Belén (Santa Cristina de Fecha) e Isolina Pombo Gómez da Asociación Ponte Sionlla corresponden ao resto do territorio do Concello.
Como suplentes foron elixidas Patricia Quintas Fernández da Asociación Raigame, Encarna Otero Cepeda da Plataforma de Galeras, Antonio R. Fernández González da Asociación Camiño de Santiago (Bando) e Juan Alberto Turnes Abelenda da Asociación Domingo Cepeda do Eixo.
O Foro de Turismo Sustentable é un órgano de nova creación que forma parte dun novo modelo de gobernanza en materia de Turismo, dando cabida á participación cidadá, tanto de representantes de asociacións veciñais como doutras entidades sectoriais relacionadas co turismo, o comercio ou o transporte colectivo.
O departamento de Turismo convocará a primeira reunión do Foro de Turismo Sustentable nas vindeiras semanas, en canto as entidades dos diferentes ámbitos rematen os seus procesos internos para a designación formal de representantes para formar porte deste órgano.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.