O Concello habilita esta medida para que toda a veciñanza poida contemplar o España contra Bélxica
O Concello de Ribeira colocará unha pantalla de grandes dimensións na praza do Concello para o partido de cuartos do Mundial do venres, 10 de xullo, ás 21.00 horas, no que España se enfrontará a Bélxica.
Trátase dunha medida que a Administración local pon en marcha para que a veciñanza poida ver este acontecemento futbolístico dado o lonxe que chegou o equipo nacional e que se repetirá de pasar a semifinais e á final.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.