Wednesday 08 de July de 2026

A rapazada de Aguiño xa pode desfrutar do parque da rúa Castelao


 O Concello de Ribeira destinou máis de 86.000 euros ao abeiro do POS+2025

A parroquia de Aguiño xa conta cun renovado parque infantil na rúa Castelao co que se da resposta ás necesidades actuais da rapazada. Este espazo de ocio infantil abriuse na tarde de onte, ata onde se desprazou a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, para comprobar o resultado das obras.

A actuación centrouse na retirada dos anteriores elementos de xogo para crear unha nova superficie lixeiramente máis ampla, na que se colocaron un equipo combinado con capacidade para uns 36 nenos e nenas (dotado de tobogán, plataformas e zonas de rube), unha randeeira dobre, dous muelles con figuras de animais e un balancín tipo carrusel. A maiores, dotouse de pavimento de caucho continuo e mantívose o valado perimetral ao ser colocado recentemente.

Os traballos foron executados pola empresa Urbanismo Técnico Sostenible, S.L. por un importe de 86.887,84 euros, IVE incluído, dentro do POS+2025.

Deja un comentario