Wednesday 08 de July de 2026

Música na rúa en Santa Cristina, Santa Cruz e Mera este sábado 11 de xullo


O programa Música na rúa regresa un ano máis ás localidades máis turísticas de Oleiros. O Concello segue a promover o lecer e o turismo, neste caso, a través da animación musical das terrazas dos establecementos hostaleiros situados en Santa Cristina, Santa Cruz e Mera.

O sábado 11 de xullo en horario de 20:30 a 22:30 terán lugar as actuacións de Alda Varez & Richi Ponce (versións pop, rock e soul) en Mera –zona terrazas-; Surfatas (versións pop e rock) e Retrotool en Santa Cristina –zona hotel Santa Cristina e La Tremenda, respectivamente-; e La Belle Indifférence (canción tradicional, nacional e internacional) no Porto de Santa Cruz.

Este programa apoia a imaxe de Oleiros como un destino atractivo, distinto e de calidade para gozar do verán ademais de atraer clientela ás terrazas e favorecer a actividade da hostalería.

Deja un comentario