O Concello de Neda retoma este verán a iniciativa “Tempo de encontros”, destinada a favorecer a relación entre veciños e veciñas de todas as idades, contando cos xogos de mesa como aliados. A primeira cita será na contorna ou no interior da Casa das palmeiras este 10 de xuño á tardiña.
As barallas, os taboleiros de parchís, os xogos da oca, e algunha que outra alternativa máis, volverán saír aos céntricos xardíns para desfrutar dunha tarde de venres – de 19 a 21 horas- entretida, aberta a xente de todas as idades que queira pasar un bo rato.
A proposta, máis aló de aproveitar a utilidade dos xogos de mesa para divertirse, e para mellorar a memoria e a concentración, busca fomentar a interacción social e ampliar a oferta de lecer da vila, poñendo así un grao de area para evitar situacións de soidade.
En función da acollida, a administración local determinará a continuidade ou de “Tempo de encontros” ao longo do verán ou a repetición de forma esporádica.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.