O grupo demandou información sobre o estado da reparación dos locais de ensaio, pechados dende o mes de marzo.
O grupo destaca a importancia de dar continuidade á resolución desta problemática, advertindo que a localización actual non resulta a máis accesible para a xuventude usuaria, debido as limitacións do transporte público.
Segundo a información facilitada polo goberno municipal o coordinador da área de Xuventude está a valorar diferentes orzamentos para a execución das obras de reparación. Porén, o executivo local non establece prazos concretos para a solución definitiva.
Alternativa indica que continuará facendo un seguimento do proceso para garantir os avances do proceso.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.