Proxectarase na rúa Real o filme infantil “Copito de nieve”
O Concello de Neda aposta, un ano máis, durante a etapa estival pola sétima arte. A oferta cultural aposta polo “Cinema de verán”, un ciclo que traerá á vila, en horario nocturno, un par de títulos para o público infantil e para o adulto. Este mércores, a primeira cita.
Así, a rúa Real converterase o 8 de xullo, a partir das 22:30 horas, nun singular sala de proxeccións, cunha entrega pensada para os máis pequenos e pequenas da casa. O título elixido é “Copito de nieve”, cinta de animación, protagonizada polo gorila albino que, durante anos, acaparou todas as miradas e aplausos dos visitantes do zoo de Barcelona.
Trátase dun filme de aventuras, que mestura imaxes reais e animación en 3D busca na que o gorila busca a poción máxica que o converta nun gorila negro normal e corrente para que os seus conxéneres o acepten como un dos seus.
Debido á proxección na rúa Real, pecharase ao tráfico e prohibirase o aparcadoiro entre os números 27 e 40, dende as 19 horas ata medianoite.
A segunda entrega do ciclo terá lugar o día seguinte ao eclipse, o xoves 13 de agosto, ás 22 horas. Trátase de Sirât. A película de Oliver Laxe, que conta a historia dun pai que busca á súa filla desaparecida polas raves de Marrocos, poderase ver no Paseo marítimo de Xuvia.
A cinta, gañadora de seis Goyas, conquistou ao xurado do Festival de Cannes 2025 e competiu nos Premios Oscar na categoría de mellor película internacional e mellor son.
“Cinema de verán”, ciclo totalmente gratuíto, é froito da colaboración entre o Concello e a Rede Cultural da Deputación da Coruña.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.