Máis dunha trintena de obras integran a mostra que se inaugura neste mércores
Unha nova exposición chega ao Centro Cultural Lustres Rivas enmarcada na programación da Fiestra da Cultura que promove o Concello de Ribeira. A arte de Eduardo Hermo será a protagonista nesta ocasión baixo o título de Retrospectiva e conformada por máis dunha trintena de obras, entre óleos e acrílicos.
O acto inaugural terá lugar neste mércores, 8 de xullo, ás 21.00 horas, para poder contemplar o talento deste artista noiés.
Esta exposición recolle máis de tres décadas de traballo, de aí o seu nome, nas que Eduardo Hermo, quen se considera un creador autodidacta, se ben participou en distintos talleres e cursos ao longo do tempo, plasma nalgunhas das quezas certas pegadas autobiográficas; unhas obras que nacen do impulso íntimo e intuitivo que leva a man cara as cores e pinceis.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.