Máis de 3000 € obtivéronse ao longo da fin de semana do 22 ao 24 de abril
Ordes 10 maio 2016. A AECC Ordes vén de facer pública a cantidade recadada na colecta realizada na última edición de ExpoOrdes. En total foron 3032 € “a máis alta de todas as rexistradas dende que a delegación local participa nesta cita”, según a súa directiva. Uns cartos que a día de hoxe xa están entregados na sede central que a asociación posúe na Coruña e que, entre outros, irá destinado a proxectos de investigación.
Un resultado que non podería acadarse sen a axuda e o esforzo desinteresado de tantas e tantos voluntarios que, coma sempre, contribúen para acadar logros coma este en beneficio das persoas afectadas por esta enfermidade e do seu entorno máis próximo. Por todo isto dende a directiva queren “agradecer o seu apoio e traballo, que tan bo resultado deu”.