O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade Social e Saúde, Concha Fernández, visitaron a mesa de colecta da Asociación Española contra o Cancro, situada nesta xornada na sede do Aeroclub na rúa Xeneral Pardiñas.
Como cada ano, a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) pon en marcha a súa tradicional campaña de cuestación, cuxo fin é recadar fondos para investigar a enfermidade. Ademais de mediante as mesas de colecta, calquera pode realizar unha doazón a través da web da AECC.