O Concello de Cambre renunciou á primeira fase do proxecto de mellora da accesibilidade na contorna da Igrexa de Santa María de Cambre, incluído no Plan Único de Concellos (POS) de 2024 da Deputación de A Coruña.
Alternativa solicitou o expediente de renuncia para coñecer os motivos que levaron a perder esta actuación.
Cambre deixa de executar 264.336,32 euros, cantidade que se suma aos máis de 600 mil aos que se renunciaron a finais do pasado ano diferentes investimentos.
O fracaso deste proxecto (e aos que o Concello renunciou o pasado ano) é o resultado da xestión do antigo goberno municipal, de Unión por Cambre. Poren, corresponde ao actual goberno avanzar nestes proxectos pendentes de realizar do POS.
Alternativa critica que uns días antes preguntaron polo estados dos proxectos do POS no pleno e dende o goberno non se informou nin desta renuncia, nin da próxima licitación da Ordenación e mellora da accesibilidade da praza Casares Quiroga, na Barcala.
“O pleno é o órgano de control e representación da veciñanza, polo tanto é obligación legal do goberno local informar e garantir a transparencia no mesmo.” Sinalan dende o grupo.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.