A xornada será decisiva para a súa permanencia en terceira división. O rival será o CD Barco
Este vindeiro domingo, 15 de maio, a S.D. Club Órdenes xogará a súa permanencia en terceira división ante o CD Barco, procedente da localidade ourensá do Barco de Valdeorras. Un encontro no que se xogarán a súa salvación e que terá lugar a partir das 18 horas no campo de Vista Alegre. Ante a importancia e interese suscitado polo dito encontro o club convida a asistir de balde a todas e todos os habitantes de cada un dos sete concellos que constitúen a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes (Ordes, Cerceda, Oroso, Trazo, Mesía, Frades, Tordoia). Para poder ter acceso gratuíto ás instalacións deportivas será imprescindible presentar o DNI.