O vindeiro sábado 14 de maio terá lugar unha charla sobre o protocolo de actuación para combater á Vespa Velutina. A conferencia será impartida polo investigador Lolo Andrade no Centro de Formación de Espíritu Santo de 9.30 a 14.00 horas.
Entre os temas dos que falará o experto destacan os primeiros auxilios por picaduras, actuacións ante niños de vespas, tipos de trampas, sistema de retirada de niños ou outras especies de vespas invasivas.