Tuesday 30 de June de 2026

Alternativa defende Ledoño como a solución responsable para a terminal ferroviaria


Alternativa, PSOE e PP, presentarán unha moción conxunta para poñer en manifesto o seu rexeitamento absoluto e firme sobre as recentes informacións do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible que apuntan a que a terminal do tren sexa en Orro.

A moción defende o Centro Loxístico de Transportes (CLT) de Ledoño como única alternativa compatible coa protección do territorio e o desenvolvemento loxistico.

Para Alternativa, o debate non é estar en contra do progreso, senón en decidir onde e como se fan as infraestruturas. O CLT é o espazo idoneo planificado, urbanizado e preparado para acoller unha actuación destaas características, evitando o forte impacto ambiental, paisaxístico e sobre a calidade de vida da veciñanza de Orro.

A moción tamén reclama transparencia por parte das autoridades Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, a ADIF e á Autoridade Portuaria a máxima transparencia durante a tramitación do proxecto.

“Trátase de defender o territorio con sentido común. Se xa existe un espazo peraparado para este tipo de infraestruturas, non ten sentido sacrificar unha contorna rural e residencial. “ Sinalan dende Alternativa.

Deja un comentario