Tuesday 30 de June de 2026

O Centro Cultural A Fábrica acollerá a exposición colectiva do obradoiro de fotografía dixital de Ocioleiros do 2 ao 17 de xullo


O Centro Cultural A Fábrica, en Perillo, acollerá desde o xoves 2 de xullo a mostra de fotografía dixital realizada polos participantes na actividade do programa Ocioleiros.

O alumnado do obradoiro de fotografía dirixido por David Balado exporá as súas instantáneas no Centro cultural A Fábrica (Rúa do Inglés, 13, Perillo – Oleiros).

O horario de visita á exposición será de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas.

Deja un comentario