Co seu orixinal sentido do humor Serafín Marcos ofreceu no Auditorio Municipal de Riveira dentro do programa Maio Cultural unha actuación dedicada ao homenaxeado no Día das Letras Galegas. O título da función, “Que Manuel María?”.
Ao final foron máis de 250 os alumnos de 3º e 4º de ESO que encheron o salón de actos e pasárono en grande coa función.