Preto dunha vintena de paneis integran a exposición
As actuais dependencias do Concello de Ribeira acollen a mostra A Orixe: a diabetes, un camiño de vida, promovida pola Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes (Anedia), coa colaboración da Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza e do Sar A Orixe.
Este proxecto busca amosar e sensibilizar sobre a realidade das persoas con diabetes e as súas familias dende ese punto de partida que representa o diagnóstico para retratar as diferentes etapas.
O concelleiro de Sanidade, Vicente Mariño, explica que a Administración local ribeirense decidiu apoiar esta iniciativa para “concienciar sobre unha realidade que vive un gran número da poboación baixo o formato de paneis que unen imaxe e texto para amosar o camiño que teñen que percorrer as persoas que padecen esta enfermidade tomando o camiño A Orixe como fío condutor.”
O fotógrafo Víctor Manuel Martínez, coñecido como Pichero, captou as instantáneas que van acompañadas de textos sobre distintos aspectos da vida con diabetes.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.