Teatro, música e probas deportivas, entre as que están a VII Ruta Río Ulla BTT e a IV Carreira Pedestre, forman parte da programación de Touro ata o outono
O Concello de Touro programou unha ampla oferta cultura, deportiva e de lecer para os seus veciños e veciñas durante os próximos meses de primavera e verán. O Goberno local de Touro mantén o esforzo por ofrecer unha nutrida programación ata outubro. Entre as citas figuran a Mostra de Teatro Escolar, a VI Festa do Deporte, as Xornadas sobre Desenvolvemento Rural do Territorio Ulla-Tambre-Mandeo ou a VII Ruta Río Ulla BTT.
Unha das primeiras actividades programadas é a IX Mostra de Teatro Escolar. A Aula de Teatro do CPI de Touro presenta este ano a obra ‘Variedades’. Será o día 15 de maio. Tamén haberá teatro o 21 de maio. Sarabela Teatro presenta ‘Conto express’ e Trécola Teatro representará ‘Madame Bechamel e Signorina Bolognesa’. As dúas funcións serán na Casa da Cultura dende ás 17.00 horas.
A VI Festa do Deporte terá lugar o 17 de maio no Campo de Fútbol de Loxo dende ás 10.00 horas. E o Día das Letras Galegas celebrarase en Touro o 19 de maio. Ese día repasarase a vida e obra de Manuel María a través da lectura e da dramatización (de 17.00 a 18.30 horas na Biblioteca).
O 18 de maio está prevista a celebración das Xornadas sobre Desenvolvemento Rural do Territorio Ulla-Tambre-Mandeo. A xornada comenzará ás 10.00 horas cun roteiro pola ribeira do Ulla. Xa a partir das 16.00 horas abrirase á toda a poboación de Touro a un debate sobre a estratexia de desenvolvemento da zona que bañan os ríos Ulla, Tambre e Mandeo. Será no Centro de Interpretación do Río Ulla.
O domingo 22 de maio está prevista a II Xornada de Pesca Infantil. Está aberta para nenos e nenas de 6 a 12 anos. Terá lugar na Área Recreativa da Santaia dende ás 11.00 horas.
Xuño está salpicado de actividades deportivas en Touro. O día 11 terá lugar o Trofeo F-8 Alevín e Benxamín Concello de Touro, en colaboración coa Sociedade Deportiva Touro. Celebrarase durante todo o día no Campo de Fútbol de Loxo. O sabádo 18 de xuño está programada a VII Ruta Río Ulla BTT para os amantes do deporte na natureza. A hora de saída prevista: 16.00 horas. E o venres 24 de xuño celebrarase o Día do Neno na praza do Luar. Haberá parque infantil, obradoiros, xincana de xogos tradicionais e o tren turístico. Xa apola tarde están programados contacontos para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
O Concello de Touro programará para os meses de xullo e agosto o proxecto de conciliación ‘Xullo lúdico’. Esta actividade presente dar aos rapaces e rapazas de 3 a 13 anos unha alternativa de lecer e disfrute do tempo libre dun xeito máis educativo e lúdico. O Festival de Bandas Concello de Touro será o 31 de xullo. O programa ainda está sen concretar. En agosto terá lugar a Feira do Emigrante e a Festa da Terceira Idade. E a IV Carreira Pedestre Popular Concello de Touro celebrarase este ano no mes de setembro.